Verbenalia

As orquestras en verbenas son o ocio cultural preferido polos galegos

A proposta cultural preferida polos galegos é asistir ás actuacións das orquestras nas verbenas. Un 63,6% dos cidadáns recoñece que acude a estes espectáculos cando menos unha vez ao ano, fronte ao 36,2% que asiste a outro tipo de concertos ou o 34,3% que vai ao cine.

O Anuario de Estatísticas Culturais, que edita o Consello da Cultura Galega, revela que o tirón das orquestras é moi forte na Comunidade, con altísimas cifras en todo o país. Por provincias, os ourensáns e lucenses son os que más participan nas verbenas (cun 67 e un 66,6%), seguidos polos coruñeses (63,8%) e os pontevedreses (60,7%).

Ningunha outra manifestación cultural ten tantos seguidores en Galicia. A asistencia a concertos de orquestras (63,6%) prácticamente duplica aos de música moderna ou tradicional (36,2%) e multiplica por cinco aos de música clásica (12%). Ao cine, van 34 de cada cen galegos, mentres que os galegos so van cando menos unha vez ao ano un 21% dos enquisados.

O fenómeno das orquestras é algo único e moi puxante en Galicia, que non se pode comparar con outras comunidades, agás Canarias, aínda que cunhas cifras moi por baixo das galegas.

Orquestras e verbenas son ademais un fenómeno de presente e futuro. Porque a xuventude é o sector de idade que máis participa nestes concertos. A maior porcentaxe de seguidores está entre os 5 e os 29 anos (76,2%), seguidos dos galegos entre 30 e 49 anos (72,9%), para descender a partir dos 50 anos, pero aínda situándose nun importantísimo 48,3%.

Por sexos, o interese polas orquestras e as verbenas galegas repártese entre homes e mulleres, aínda que cunha certa avantaxe deles (66,7%) sobre elas (60,8%).

Ademais, o estudo revela que os que máis asisten a concertos de orquestras en verbenas son os mozos, con maior renda e maior nivel de estudos. Todo isto revela a grande vitalidade do sector en Galicia. Abonda con comprobar a forte presenza en Internet das orquestras galegas, todas coa seu propio portal web, algúns de deseño moi avanzado. Case todas contan con clubs de fans, que chegan a contar por milleiros os seus seguidores nos casos das formacións de máis sona, como Panorama, París de Noia ou Olympus, entre outras.

VEBENALIA: A FESTA DAS FESTAS

Para representar este universo propio, o das orquestras en Galicia, xorde VERBENALIA, a grande feira que se celebrará no IFEVI de Vigo entre o xoves 26 de abril e o domingo, 29, coa participación das mellores bandas da Comunidade.

Será, ademais dun espectáculo musical de primeira liña, un punto de encontro entre representantes, axentes, comisións de festas, fans e o conxunto dun sector que exhibe o seu poderío aínda en tempos de crise.

As orquestras galegas presentarán en VERBENALIA as súas últimas novidades tanto de repertorio como de artistas como técnicas, xa que todas elas incorporan as últimas tecnoloxías, con equipos de iluminación, audio e efectos especiais que as sitúan entre as propostas culturais máis espectaculares do momento, moi por riba da meirande parte dos grupos pop en xira nacional.

Ademais, VERBENALIA vaise converter nunha auténtica festa “indoor”, na que non faltarán degustacións gastronómicas, con representación das grandes festas da gastronomía do país, e animación para os pequenos. Todo elo, cun amplo horario, facilidades de acceso e aparcamento, e todas as comodidades dun recinto feiral, superando así calquera expectativa dun verbena tradicional…

VERBENALIA oferta unha festa que dura todo o día, para todos os públicos, desde a “sesión vermú”, con bandas de música e degustacións gastronómicas, ata a madrugada, coa actuación continuada das mellores orquestras do país.