Verbenalia

Orquesta Sintonía

Fundada en1960, aorquestra Sintonía de Vigo está situada no top das mellores formacións, despois de máis de medio século de historia. Conta con numerosos galardóns, incluíndo o de Vigueses Distinguidos, concedido en 1995. Sintonía de Vigo teñen gravado varios discos e o seu repertorio é sempre unha garantía de festa e éxito, unindo os temas más actuais coas pezas clásicas da banda sonora das nosas vidas.

www.sintoniadevigo.es

 

Orquesta Philadelphia

Natalia e María son as voces femininas da orquestra Philadelphia, un formidable conxunto integrado por doce músicos que son garantía de noites inesquecibles onde a música e a festa están xunguidas a un espectáculo audiovisual único.

www.orquestaphiladelphia.net

 

Orquesta París de Noia

“París de Noia” é unha orquestra cunha longa traxectoria, que comezou en 1957 cando Joaquín García Piñeiro (El Acordeonista) asumía o mando desta formación que entón contaba 11 membros. Hoxe, máis de medio século máis tarde “París de Noia” está no cumio das orquestras en España. Integrada na actualidade por 13 músicos e 9 técnicos, que garanten espectaculares actuacións no seu escenario móbil dotado coas máis avanzadas tecnoloxías.

www.parisdenoia.es

Orquesta Panorama

Con máis de vinte anos de vida, a orquestra Panorama é sinónimo de éxito. Falamos dun espectáculo musical con os máis sorprendentes montaxes técnicos, que son a envexa das xiras máis ambiciosas da meirande parte dos artistas nacionais e internacionais. Panorama converte cada concerto nunha experiencia única, sempre en vangarda na concepción da festa como espectáculo.

www.orquestapanorama.com

 

Orquesta Olympus

As voces de Mar Robaina, Danni, Peke, Rodo e Maythe Leiva, arroupadas por nove músicos, conforman Olympus, unha das orquestras de moda en Galicia, que ven de ocupar un posto de privilexio no panorama nacional. Olympus é garantía de diversión e de calidade musical, cunha posta en escena tan espectacular como a súa propia páxina web, na que por certo cóntanse por miles os seus fans e seguidores.

 

www.orquestaolympus.net

Orquesta Marbella

La ORQUESTA MARBELLA lleva más de 10 años subida a los escenarios de toda Galicia y resto del noroeste español. Víctor, Deivid, Irene, Xurxo e Maika son as voces desde formación, arroupada por músicos que saben levar ao cumio o significado da palabra “festa”.

orquestamarbella.com

Orquesta Jerusalén

Orixinarios de Caldas de Reis, o prestixio da orquestra Jerusalén xa a ten consolidado no marco nacional como garantía de éxito. As voces de Jorge Menéndez, Noela Rivas e Yenina Alonso van arroupadas polo virtuosismo musical dos seus intérpretes. Nos metais, están Jose Antonio (Neno), no saxo, Mandela (Trombón) e Jesús Cruz (Chuchi), na trompeta. Vicente Pego encárgase dos teclados. A batería é cousa de Álex Vázquez, a guitarra, de Suso Aboy, e o baixo de Chiño. Sempre co toque da percusión latina de Gretchen Pineda.

Orquesta Gran Parada

Creada nos anos 50 co nome de Orquesta Gran Peña, pronto Gran Parada se situou entre as mellores formacións do panorama nacional. A súa calidade técnica e a entrega e profesionalidade dos seus músico son garantía de éxito. Hoxe, Gran Parada conta coas voces e formidable presenza de Mónica Ordás e Ana Legido, xunto a Pedro Conde e Edgar Repilloza; a corda e o metal de Manuel, Paquito, Carlos, Víctor e Yeri; e a base de Yoel, Anxo, Teira e Pose.

Orquesta Costa Oeste

Costa Oeste presenta una alineación de voces avaladas por su éxito en varias formaciones en los últimos años. Javier Comesaña, Marta Valiño, Sonia Montero y Juan Carlos Terán son los cantantes de una orquestra que reúne a otros ocho músicos: Suso Ferreiros, Carlos Tarafa, Javier Santomé, Óscar Santamarina, Noelio, Miro Lamas, Miguel Cendón y Marcos Leyenda.

Orquesta Cinema

Cibrán, do grupo master e Eva, da orquestra Abanico, estarán á fronte de CINEMA, acompañados de Pili Gómez e Andrés Solorzano. Con estas novidades, e a súa solvencia de sempre, Cinema promete un 2012 cargado de éxitos.