Verbenalia

Orquesta Charleston

Una auténtica Big Band no máis puro estilo das orquestras que engaiolaron ao público de Europa e América desde comezos do século XX. Unha poderosa sección de vento e toda a forza dun espectáculo musical que a orquestra Charleston entrega con xenerosidade en cada actuación.

Orquesta Aché

A voz e a presenza de Karmen Martín é a descarga de enerxía que ofrece a orquestra Aché xunto ao seu trío de cantantes, Mon, Lucky e Frank. A forza coral de Aché, unida ao poderío dos seus nove músicos sobre escena, cunha impactante sección de vento, fan desta formación unha das de maior éxito nas festas de Galicia.

iLalelo (Carlos Blanco e Budiño DJ)

O gaiteiro Xosé Manuel Budiño sorpréndenos cun novo proxecto xunto ao actor e showman Carlos Blanco. O artista de Moaña vai máis aló dos sons tradicionais que sempre traballou, para adentrarse no hip-hop e na música máis actual, para converterse nun DJ que vai garantir festa e diversión para todos os públicos.

Budiño DJ (¡Lalelo!) estará en Verbenalia o Xoves 26 de marzo, xunto a Carlos Blanco, nunha noite coa Orquesta Panorama e Teté y los Ciclones.

http://www.facebook.com/iLalelo?sk=wall

Carlos Blanco é un dos actores máis queridos e seguidos de Galicia. O demostra o éxito das súas diferentes montaxes, sobre todo na súa faceta de showman e standup comediant, que consegue sempre render a un público fiel, que sabe do seu singular talento. Actor de teatro e presentador da Radio Galega, comezou a traballar na TVG como presentador do programa A Reoca en 1990 con Antonio Durán. Colaborou noutros programas como Sitio Distinto ou Luar e foi Ladislao Couto en Mareas vivas. A súa carreira cinematográfica comezou con Sei quen es (1999) e continuou en O lapis do carpinteiro (2003) e Cargo (2005). Posteriormente presentou o programa da TVG Somos unha potenzia. En 2008 co-produce con Abada a súa obra de teatro Humor neghro.

 

Carlos Blanco estará en Verbenalia o Xoves 26 de marzo, compartindo cartel coa orquestra Panorama, Teté y los Ciclones e Budiño Dj.

 

Grupo Ciclón

Coa fichaxe estelar da canaria Kristie e de Jako, o grupo Ciclón renóvase para achegarse ao público máis moderno, cun son de luxo, sempre baixo a dirección de Kiko. Os éxitos máis actuais da man dunha das formacións con maior carácter.

Componentes 2012:
Ivan
Noelia
Kristie
Jako
Mero
Kiko
Saulo
Nando
Sergio
Tebi