Verbenalia

Teté y los Ciclones

Teté y Los Ciclones” é o novo proxecto da polifacética artista Teté Delgado, coñecida polas súas múltiples aparicións no cine e televisión en programas como “Mira quién baila” o en películas como “Gordos”.

 

Moitos xa coñecían esta faceta musical da artista, que ademáis de realizar múltiples actuacións promocionais para a Televisión de Galicia xa tería participado en grupos de soul como “Teté y Los Supremos”.

Sen embargo, ninguén sabíaque un dos sonos da actriz non era outro que ser a vocalista dunha banda de rock an roll, algo que finalmente puido cumprir neste novo proxecto.

 

O seu estilo, rock and roll e rithm and blues dos anos 50 pero posto ao día e sen complexos. O mesmo interpretan unha versión cañera de “Bésame mucho” que impregnan co seu selo o “Whole lotta love” dos Led Zeppelin, cunha posta en escea como só unha frontwoman como ela podía facer.

Sito Sedes

Sito Sedes é un dos grandes “crooner” de Galicia. Cantante da orquestra Los Satélites de A Coruña, desde1969 a1982, está considerado unha das mellores voces do país, elevado xa a categoría de lenda dentro do mundo das orquestras. Herdeiro da fama que acadou o gran Pucho Boedo, Sito Sedes volve agora aos escenarios para facer colaboracións que sempre conseguen espertar unha gran expectación.

 

Sito Sedes será o artista convidado de Verbenalia o Sábado, 28 de marzo, na derradeira xornada do evento, na que actuarán as orquestras Sintonía de Vigo, Jerusalén, Gran Parada e Charleston.

Presentadoras e Convidados

VERBENALIA CONTA CUN PLANTEL DE LUXO DE PRESENTADORES E CONVIDADOS. A nosa deslumbrante estrela será Yolanda Vázquez, unha presentadora que comezou en TVG para trunfar nas canles estatais, con programas en La Primera, La 2, Antena 3 e La Sexta.

Viguesa, licenciada en Filosofía, a súa proximidade, simpatía e naturalidade ante as cámaras son recoñecidas tanto polo público como polos directivos de televisión. Yolanda presentará todas as xornadas de Verbenalia, no IFEVI, na sesións da noite.

Estará acompañada por Teté Delgado, outra recoñecidísima presentadora e artista, que tamén tocará xunto ao seu grupo, Teté y los Ciclones, no día de apertura do evento, o xoves 26 de abril.

Nas dúas “sesións vermú”, que se celebrarán o xoves e o domingo (como homenaxe ás comisións de festas de Galicia), o presentador será o actor Carlos Blanco, unha garantía de bo humor, que conta cunha chea de incondicionais seguidores en Galicia.

E, entre os nosos convidados, ademáis da actuación de Budiño DJ, na súa faceta vencelada á música máis actual, contaremos con Sito Sedes, unha auténtica lenda da Verbena en Galicia, cimentada ao longo dos anos como vocalista da orquestra Los Satélites de A Coruña.

Orquesta Sintonía

Fundada en1960, aorquestra Sintonía de Vigo está situada no top das mellores formacións, despois de máis de medio século de historia. Conta con numerosos galardóns, incluíndo o de Vigueses Distinguidos, concedido en 1995. Sintonía de Vigo teñen gravado varios discos e o seu repertorio é sempre unha garantía de festa e éxito, unindo os temas más actuais coas pezas clásicas da banda sonora das nosas vidas.

www.sintoniadevigo.es

 

Orquesta Philadelphia

Natalia e María son as voces femininas da orquestra Philadelphia, un formidable conxunto integrado por doce músicos que son garantía de noites inesquecibles onde a música e a festa están xunguidas a un espectáculo audiovisual único.

www.orquestaphiladelphia.net

 

Orquesta París de Noia

“París de Noia” é unha orquestra cunha longa traxectoria, que comezou en 1957 cando Joaquín García Piñeiro (El Acordeonista) asumía o mando desta formación que entón contaba 11 membros. Hoxe, máis de medio século máis tarde “París de Noia” está no cumio das orquestras en España. Integrada na actualidade por 13 músicos e 9 técnicos, que garanten espectaculares actuacións no seu escenario móbil dotado coas máis avanzadas tecnoloxías.

www.parisdenoia.es

Orquesta Panorama

Con máis de vinte anos de vida, a orquestra Panorama é sinónimo de éxito. Falamos dun espectáculo musical con os máis sorprendentes montaxes técnicos, que son a envexa das xiras máis ambiciosas da meirande parte dos artistas nacionais e internacionais. Panorama converte cada concerto nunha experiencia única, sempre en vangarda na concepción da festa como espectáculo.

www.orquestapanorama.com

 

Orquesta Olympus

As voces de Mar Robaina, Danni, Peke, Rodo e Maythe Leiva, arroupadas por nove músicos, conforman Olympus, unha das orquestras de moda en Galicia, que ven de ocupar un posto de privilexio no panorama nacional. Olympus é garantía de diversión e de calidade musical, cunha posta en escena tan espectacular como a súa propia páxina web, na que por certo cóntanse por miles os seus fans e seguidores.

 

www.orquestaolympus.net

Orquesta Marbella

La ORQUESTA MARBELLA lleva más de 10 años subida a los escenarios de toda Galicia y resto del noroeste español. Víctor, Deivid, Irene, Xurxo e Maika son as voces desde formación, arroupada por músicos que saben levar ao cumio o significado da palabra “festa”.

orquestamarbella.com

Orquesta Jerusalén

Orixinarios de Caldas de Reis, o prestixio da orquestra Jerusalén xa a ten consolidado no marco nacional como garantía de éxito. As voces de Jorge Menéndez, Noela Rivas e Yenina Alonso van arroupadas polo virtuosismo musical dos seus intérpretes. Nos metais, están Jose Antonio (Neno), no saxo, Mandela (Trombón) e Jesús Cruz (Chuchi), na trompeta. Vicente Pego encárgase dos teclados. A batería é cousa de Álex Vázquez, a guitarra, de Suso Aboy, e o baixo de Chiño. Sempre co toque da percusión latina de Gretchen Pineda.