Verbenalia

Orquesta Gran Parada

Creada nos anos 50 co nome de Orquesta Gran Peña, pronto Gran Parada se situou entre as mellores formacións do panorama nacional. A súa calidade técnica e a entrega e profesionalidade dos seus músico son garantía de éxito. Hoxe, Gran Parada conta coas voces e formidable presenza de Mónica Ordás e Ana Legido, xunto a Pedro Conde e Edgar Repilloza; a corda e o metal de Manuel, Paquito, Carlos, Víctor e Yeri; e a base de Yoel, Anxo, Teira e Pose.

Orquesta Costa Oeste

Costa Oeste presenta una alineación de voces avaladas por su éxito en varias formaciones en los últimos años. Javier Comesaña, Marta Valiño, Sonia Montero y Juan Carlos Terán son los cantantes de una orquestra que reúne a otros ocho músicos: Suso Ferreiros, Carlos Tarafa, Javier Santomé, Óscar Santamarina, Noelio, Miro Lamas, Miguel Cendón y Marcos Leyenda.

Orquesta Cinema

Cibrán, do grupo master e Eva, da orquestra Abanico, estarán á fronte de CINEMA, acompañados de Pili Gómez e Andrés Solorzano. Con estas novidades, e a súa solvencia de sempre, Cinema promete un 2012 cargado de éxitos.

Orquesta Charleston

Una auténtica Big Band no máis puro estilo das orquestras que engaiolaron ao público de Europa e América desde comezos do século XX. Unha poderosa sección de vento e toda a forza dun espectáculo musical que a orquestra Charleston entrega con xenerosidade en cada actuación.

iLalelo (Carlos Blanco e Budiño DJ)

O gaiteiro Xosé Manuel Budiño sorpréndenos cun novo proxecto xunto ao actor e showman Carlos Blanco. O artista de Moaña vai máis aló dos sons tradicionais que sempre traballou, para adentrarse no hip-hop e na música máis actual, para converterse nun DJ que vai garantir festa e diversión para todos os públicos.

Budiño DJ (¡Lalelo!) estará en Verbenalia o Xoves 26 de marzo, xunto a Carlos Blanco, nunha noite coa Orquesta Panorama e Teté y los Ciclones.

http://www.facebook.com/iLalelo?sk=wall

Carlos Blanco é un dos actores máis queridos e seguidos de Galicia. O demostra o éxito das súas diferentes montaxes, sobre todo na súa faceta de showman e standup comediant, que consegue sempre render a un público fiel, que sabe do seu singular talento. Actor de teatro e presentador da Radio Galega, comezou a traballar na TVG como presentador do programa A Reoca en 1990 con Antonio Durán. Colaborou noutros programas como Sitio Distinto ou Luar e foi Ladislao Couto en Mareas vivas. A súa carreira cinematográfica comezou con Sei quen es (1999) e continuou en O lapis do carpinteiro (2003) e Cargo (2005). Posteriormente presentou o programa da TVG Somos unha potenzia. En 2008 co-produce con Abada a súa obra de teatro Humor neghro.

 

Carlos Blanco estará en Verbenalia o Xoves 26 de marzo, compartindo cartel coa orquestra Panorama, Teté y los Ciclones e Budiño Dj.

 

Grupo Ciclón

Coa fichaxe estelar da canaria Kristie e de Jako, o grupo Ciclón renóvase para achegarse ao público máis moderno, cun son de luxo, sempre baixo a dirección de Kiko. Os éxitos máis actuais da man dunha das formacións con maior carácter.

Componentes 2012:
Ivan
Noelia
Kristie
Jako
Mero
Kiko
Saulo
Nando
Sergio
Tebi