Verbenalia

Homenaxe ás comisións de festas na sesión Vermú

VERBENALIA CELEBRARÁ O DOMINGO 29 DE ABRIL, desde as 12.00 horas, unha sesión vermú moi especial, na que se fará unha homenaxe ás comisións de festas de Galicia. O acto, presentado polo actor Carlos Blanco, contará coa actuación da Banda de Música de Valladares, dirixida polo mestre José Iglesias Ramilo.

En Verbenalia queremos recoñecer a labor dos centos de comisións de festas que traballan durante todo o ano para satisfacción dos seus veciños, levando as mellores actuacións ás súas vilas.

Ao remate da sesión vermú, Verbenalia sorteará entre todas as comisións de festas asistentes cen lotes de agasallo, cada un deles con 1 xamón, 3 CDs de Verbenalia, 3 camisetas e 3 gorras. Ademáis, sortearemos a actuación dunha das 13 orquestras que participan nesta edición de Verbenalia, para que actúen nas festas da comisión que resulte gañadora

Con esta cita na mañá do domingo, Verbenalia recupera o espírito das sesións vermús, sempre animadas, cando o protagonismo das orquestras daba paso ás bandas de música, como neste caso é o da prestixiosa Banda de Valadares.