Verbenalia

iLalelo (Carlos Blanco e Budiño DJ)

O gaiteiro Xosé Manuel Budiño sorpréndenos cun novo proxecto xunto ao actor e showman Carlos Blanco. O artista de Moaña vai máis aló dos sons tradicionais que sempre traballou, para adentrarse no hip-hop e na música máis actual, para converterse nun DJ que vai garantir festa e diversión para todos os públicos.

Budiño DJ (¡Lalelo!) estará en Verbenalia o Xoves 26 de marzo, xunto a Carlos Blanco, nunha noite coa Orquesta Panorama e Teté y los Ciclones.

http://www.facebook.com/iLalelo?sk=wall

Carlos Blanco é un dos actores máis queridos e seguidos de Galicia. O demostra o éxito das súas diferentes montaxes, sobre todo na súa faceta de showman e standup comediant, que consegue sempre render a un público fiel, que sabe do seu singular talento. Actor de teatro e presentador da Radio Galega, comezou a traballar na TVG como presentador do programa A Reoca en 1990 con Antonio Durán. Colaborou noutros programas como Sitio Distinto ou Luar e foi Ladislao Couto en Mareas vivas. A súa carreira cinematográfica comezou con Sei quen es (1999) e continuou en O lapis do carpinteiro (2003) e Cargo (2005). Posteriormente presentou o programa da TVG Somos unha potenzia. En 2008 co-produce con Abada a súa obra de teatro Humor neghro.

 

Carlos Blanco estará en Verbenalia o Xoves 26 de marzo, compartindo cartel coa orquestra Panorama, Teté y los Ciclones e Budiño Dj.