Verbenalia

O sector das orquestas move un negocio de sesenta millóns de euros

O sector das orquestras move en Galicia un volume de negocio por riba dos sesenta millóns de euros ao ano, o que permite situalo na cabeceira dentro das industrias culturas da Comunidade.

Segundo a Asociación de Empresarios do Espectáculo de Galicia, existen unhas 250 orquestras profesionais no país. Algunhas delas son auténticas estrelas, con clubs de fans e cachés que superan a boa parte dos grupos pop e rock de moda en España.

As formacións galegas moven plataformas motorizadas, xogos de luces e audiovisuais que están en vangarda da tecnoloxía. Lonxe están os tempos en que as orquestras viaxaban con modestos equipos e pequeños xeneradores portátiles. Hoxe, conxuntos como Panorama moven escenarios valorados en máis de 800.000 euros. O tráiler da “Olympus” mide15 metrosde longo. E os de París de Noia, Gran Parada, Costa Oeste o Philadelphia chegan aos14 metros.

Os promotores calculan que a industria das orquestras xera máis de 3.000 empregos directos, somentes contando músicos e técnicos. Pero é incalculable o número de postos de traballo indirectos que produce a actividade das miles de verbenas de Galicia, en especial nos sectores do turismo e a hostalería.

Galicia é un auténtico fenómeno no panorama das orquestras en España. Só Canarias se achega, pero moi de lonxe, ao número de seguidores que teñen os grupos galegos. As orquestras nacen en Galicia nos anos 30 do pasado século, inicialmente vendelladas a salóns burgueses de vilas e cidades, para pasar máis tarde ás verbenas do rural.

Os repertorios foron evolucionando, pasando das muiñeiras autóctonas ata os pasodobres e coplas, difundidas pola radio, para achegarse logo aos ritmos latinos que triunfaban entre os retornados da emigración.

Hoxe en día, as orquestras presentan repertorios que inclúen tamén os éxitos máis soados do momento, ás veces cunha calidade técnica e musical que chega a superar os directos dos propios grupos orixinais cando interpretan en directo os mesmos temas.