Verbenalia

Orquesta Jerusalén

Orixinarios de Caldas de Reis, o prestixio da orquestra Jerusalén xa a ten consolidado no marco nacional como garantía de éxito. As voces de Jorge Menéndez, Noela Rivas e Yenina Alonso van arroupadas polo virtuosismo musical dos seus intérpretes. Nos metais, están Jose Antonio (Neno), no saxo, Mandela (Trombón) e Jesús Cruz (Chuchi), na trompeta. Vicente Pego encárgase dos teclados. A batería é cousa de Álex Vázquez, a guitarra, de Suso Aboy, e o baixo de Chiño. Sempre co toque da percusión latina de Gretchen Pineda.