Verbenalia

Orquesta París de Noia

“París de Noia” é unha orquestra cunha longa traxectoria, que comezou en 1957 cando Joaquín García Piñeiro (El Acordeonista) asumía o mando desta formación que entón contaba 11 membros. Hoxe, máis de medio século máis tarde “París de Noia” está no cumio das orquestras en España. Integrada na actualidade por 13 músicos e 9 técnicos, que garanten espectaculares actuacións no seu escenario móbil dotado coas máis avanzadas tecnoloxías.

www.parisdenoia.es