Verbenalia

“Verbenalia”, o disco de moda para levar a todas partes

NO COCHE, NA CASA, NA FESTA, NO MÓBIL, NO TRABALLO… Agora vas ter a mellor música das orquestras de Galicia en todas partes!

Porque presentamos “Verbenalia”, o CD que reúne os temas máis populares das grandes formacións galegas, as que están no cartel de Verbenalia
, o evento que no

n podes perder, no IFEVI de Vigo, os días 26, 27, 28 e 29 de abril de 2012.

Leva contigo os temas que máis soan, a cargo de París de Noia, Panorama, Olympus, Philadelphia, Aché, Marbella… Ata un total de 13 orquestras de Galicia que interpretan a música que soa en todas as festas de Galicia:

PANORAMA: “Que levante la mano” PARÍS DE NOIA: “Suá suá”

PHILADELPHIA: “La pachanguita” GRAN PARADA: “Una de dos”

MARBELLA: “Enamoradita” SINTONÍA DE VIGO: “Amparito”

COSTA OESTE: “Mueve tus caderas” ACHÉ: “El Bombero”

CHARLESTON: “Merengue Rosalía” CINEMA: “Rocío Dúrcal”

CICLÓN: “Bella idiota” JERUSALÉN: “Toca Toca”

OLYMPUS: “Amigos” UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES: “Magdalena90”

Pecha o disco, xunto ás orquestras que estarán nas catro inesquecibles xornadas de Verbenalia, a banda Unión Musical de Valladares, que estará na sesión vermú do domingo 29 de abril, na Homenaxe ás Comisións de Festas de Galicia.

Próximamente, o CD orixinal de Verbenalia, á venda coa mellor música para levar a todas partes

Sito Sedes

Sito Sedes é un dos grandes “crooner” de Galicia. Cantante da orquestra Los Satélites de A Coruña, desde1969 a1982, está considerado unha das mellores voces do país, elevado xa a categoría de lenda dentro do mundo das orquestras. Herdeiro da fama que acadou o gran Pucho Boedo, Sito Sedes volve agora aos escenarios para facer colaboracións que sempre conseguen espertar unha gran expectación.

 

Sito Sedes será o artista convidado de Verbenalia o Sábado, 28 de marzo, na derradeira xornada do evento, na que actuarán as orquestras Sintonía de Vigo, Jerusalén, Gran Parada e Charleston.

Presentadoras e Convidados

VERBENALIA CONTA CUN PLANTEL DE LUXO DE PRESENTADORES E CONVIDADOS. A nosa deslumbrante estrela será Yolanda Vázquez, unha presentadora que comezou en TVG para trunfar nas canles estatais, con programas en La Primera, La 2, Antena 3 e La Sexta.

Viguesa, licenciada en Filosofía, a súa proximidade, simpatía e naturalidade ante as cámaras son recoñecidas tanto polo público como polos directivos de televisión. Yolanda presentará todas as xornadas de Verbenalia, no IFEVI, na sesións da noite.

Estará acompañada por Teté Delgado, outra recoñecidísima presentadora e artista, que tamén tocará xunto ao seu grupo, Teté y los Ciclones, no día de apertura do evento, o xoves 26 de abril.

Nas dúas “sesións vermú”, que se celebrarán o xoves e o domingo (como homenaxe ás comisións de festas de Galicia), o presentador será o actor Carlos Blanco, unha garantía de bo humor, que conta cunha chea de incondicionais seguidores en Galicia.

E, entre os nosos convidados, ademáis da actuación de Budiño DJ, na súa faceta vencelada á música máis actual, contaremos con Sito Sedes, unha auténtica lenda da Verbena en Galicia, cimentada ao longo dos anos como vocalista da orquestra Los Satélites de A Coruña.