Verbenalia

Presentadoras e Convidados

VERBENALIA CONTA CUN PLANTEL DE LUXO DE PRESENTADORES E CONVIDADOS. A nosa deslumbrante estrela será Yolanda Vázquez, unha presentadora que comezou en TVG para trunfar nas canles estatais, con programas en La Primera, La 2, Antena 3 e La Sexta.

Viguesa, licenciada en Filosofía, a súa proximidade, simpatía e naturalidade ante as cámaras son recoñecidas tanto polo público como polos directivos de televisión. Yolanda presentará todas as xornadas de Verbenalia, no IFEVI, na sesións da noite.

Estará acompañada por Teté Delgado, outra recoñecidísima presentadora e artista, que tamén tocará xunto ao seu grupo, Teté y los Ciclones, no día de apertura do evento, o xoves 26 de abril.

Nas dúas “sesións vermú”, que se celebrarán o xoves e o domingo (como homenaxe ás comisións de festas de Galicia), o presentador será o actor Carlos Blanco, unha garantía de bo humor, que conta cunha chea de incondicionais seguidores en Galicia.

E, entre os nosos convidados, ademáis da actuación de Budiño DJ, na súa faceta vencelada á música máis actual, contaremos con Sito Sedes, unha auténtica lenda da Verbena en Galicia, cimentada ao longo dos anos como vocalista da orquestra Los Satélites de A Coruña.