Verbenalia

Verbenalia leva ao IFEVI ás mellores orquestras de Galicia

VERBENALIA PRESENTA NO IFEVI DE VIGO ÁS MELLORES ORQUESTRAS DE GALICIA os próximos días 26, 27, 28 e 29 de abril. Panorama, París de Noia, Olympus, Philadelphia e ata un total de catorce formacións despregarán os seus espectáculos no recinto feiral de Cotogrande, nun evento con catro escenarios e un nivel de son, posta en escena e luz moi por riba das grandes xiras estatais de pop-rock.

As orquestras participantes nas catro xornadas de Verbenalia son Panorama, París de Noia, Olympus, Philadelphia, Sintonía de Vigo, Aché, M
arbella, Ciclón, Costa Oeste, Cinema, Gran Parada, Charlestón e Jerusalén. Ademais, o xoves 26 estarán en Verbenalia o grupo Teté y los Ciclones, comandado pola actriz Teté Delgado, e actuarán o actor e humorista Carlos Blanco, xunto a Budiño Dj (¡Lalelo!). O sábado 28, o artista convidado será o xa mítico vocalista Sito Sedes, antigo cantante dos Satélites de A Coruña.Verbenalia está organizado por Oíde Events e Representaciones Lito, coa colaboración do Concello de Vigo. A feira nace con vocación de continuidade, co obxecto de converterse nun referente para o sector das orquestras, que move en Galicia un negocio de cerca de sesenta millóns de euros anuais.

O domingo, ademais do gran espectáculo da noite, Verbenalia recuperará a Sesión Vermú, a mediodía, coa banda Unión Musical de Valladares, nun acto que pretende ser unha homenaxe a todas as comisións de festas de Galicia.

Verbenalia está aberto ao público en xeral, de todas as idades, e conta cun área recreativa infantil, aberta desde as 17.00 horas. Ademais, haberá no recinto do Ifevi pulpeiras, rosquilleiras, degustacións gastronómicas, foguetes, chiringuitos e atraccións.

Falamos da festa das festas, da primeira verbena do verán, da verbena máis grande do ano e da festa onde nunca chove. Verbenalia é “A Primeira Verbena Indoor de Galicia”.

As entradas para cada un dos días dos concertos saen á venda a un prezo anticipado de 3 euros. En taquilla, o día do concerto, o prezo será de 4 euros.