Verbenalia

Verbenalia presume dos seus convidados e presentadores

VERBENALIA PRESUME DOS SEUS CONVIDADOS E PRESENTADORES. Vebenalia contará con presentadores e convidados especiais nas catro xornadas de festa no IFEVI de Vigo. Carlos Blanco, Budiño Dj, Teté Deltado, Yolanda Vázquez e Sito Sedes estarán connosco e coas mellores orquestras de Galicia.

Carlos Blanco é un dos actores máis queridos e seguidos de Galicia. Estará en Verbenalia o Xoves 26 de marzo, compartindo cartel coa orquestra Panorama, Teté y los Ciclones e Budiño Dj.

Precisamente, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño sorpréndenos en Verbenalia cun novo proxecto que vai máis aló dos sons tradicionais para adentrarse na música máis actual, para converterse nun DJ que vai garantir festa e diversión para todos os públicos.

 

“Teté y los Ciclones” é o novo proxecto da polifacética artista eté Delgado, coñecida polas súas múltiples aparicións en teatro, cine e televisión, en programas como “Mira quien Baila” ou en filmes como “Gordos”.

O estilo da súa banda segue o rock e o blues dos anos 50 do pasado século, pero nun espectáculo posto ao día, no que mesmo interpretan unha versión cañeira de “Bésame mucho” ata se mergullan no “Whole Lotta Love” de Led Zeppelin.

Nos catro días de Verbenalia, teremos a honra de contar con Yolanda Vázquez, a viguesa que se ten convertido nunha das caras máis recoñecidas da televisión, tanto na TVG como nas canles estatais, onde acumula grandes éxitos. Yolanda está ademáis vencellada ao mundo das orquestras, pois o seu pai foi un dos membros fundadores da mítica banda “Os Tamara”.

Pola súa banda, Sito Sedes é un dos grandes “crooner” de Galicia. Cantante da orquestra Los Satélites de A Coruña, desde1969 a1982, está considerado unha das mellores voces do país, elevado xa a categoría de lenda dentro do mundo das orquestras.

Sedes será o artista convidado de Verbenalia o Sábado, 28 de marzo, na derradeira xornada do evento, na que actuarán as orquestras Sintonía de Vigo, Jerusalén, Gran Parada e Charleston.