Verbenalia

Víctor Coyote e Suso Montero deseñan a imaxen de Verbenalia

VERBENALIA PRESUME DE IMAXE. Logos, spots e cartelería foron deseñados polo polifacético artista Víctor Coyote. Mentres que a espectacular escenografía que nos espera no IFEVI de Vigo está a cargo do decorador Suso Montero, un dos máis recoñecidos profesionais da televisión en Galicia e España.

O tudense Víctor Coyote, formado en Belas Artes e con indiscutible alma de músico, formou en1981 amítica banda “Los Coyotes”, coa que triunfou na Movida, para emprender logo unha poderosa e xenuína carreira en solitario.

Paralelamente, dirixiu documentais, escribiu literatura e dedicouse á súa primeira paixón profesional, o deseño gráfico, que o ten levado a asinar algunhas das máis importantes portadas da historia da música pop española.

A súa cotizada obra trunfa nas súas exposicións e na cartelería que prepara para os seus propios concertos, nos que ten por costume lanzar serigrafías en edición limitada que son hoxe auténticas pezas de coleccionista.

Pola súa banda, Suso Montero é un decorador e escenógrafo que ten asinado algún dos máis complexos decorados de TVG, cun traballo que é recoñecido en toda España. Proba do seu prestixo é que, con só 57 anos, recibiu o Premio de Honra Fernando Rey a toda a súa carreira, outorgado pola Academia Galega do Audiovisual.

Verbenalia ten a honra de presumir destes dous cracks do deseño: Víctor Coyote para a súa imaxe corporativa, que transmite o espírito da festa da primeira Verbena Indoor de Galicia; e Suso Montero na escenografía que veremos no IFEVI, que inclúe deseños de vangarda con monumentais instalacións LED.

Verbenalia é a festa na que nunca chove, a festa das festas, a que reúne ás mellores orquestras do país, no IFEVI de Vigo, os días 26, 27, 28 e 29 de abril de 2012.